Ola! Somos Nico, Hugo e Álvaro. Como xa vos dixemos todo o traballo está rematado! Pero pouco a pouco estase achegando o día da ansiada presentación... QUE NERVIOS!
Historias de Galicia con Scracht
12 maio, 2025
09 maio, 2025
Proxecto
Ola, somos álvaro, Nicolás e Hugo:
Xa rematamos o noso proxecto, agora só faltan os últimos retoques, pero xa o temos todo listo para presentar. Foi unha viaxe moi bonita, agradecemos o apoio dos comentarios e das persoas que seguiron este proxecto.
Vémonos pronto.
07 maio, 2025
Presentación
Ola somos Hugo, Álvaro e Nicolás:
Estamos case rematando xa ca presentación do proxecto, temos a presión de que ten que durar máximo dez minutos. O problema que temos é que o noso material didáctico dura moito, case 5 minutos. Así que imos ter que prescindir de algunhas interaccións para que sexa máis curto.
Teredes novas dentro de pouco.
Saúdos.
05 maio, 2025
Material didáctico finalizado
Durante a viaxe, o xogador visita lugares simbólicos como as torres de altamira ou a Cova do Rei Cintolo, aprende palabras e expresións en galego, e explora elementos propios da tradición galega como o códice calixtino, os mosteiros, ou os seres mitolóxicos. O obxectivo é tanto xogar como reflexionar sobre a importancia da nosa lingua e do noso patrimonio cultural.
Ademais xa rematamos a guía didáctica, con todas as pautas do noso traballo. Agora só nos falta rematar a presentación algo no que xa estamos traballando debido a que é dentro dunha semana.
23 abril, 2025
A guía didáctica
Ola, somos Hugo, álvaro e Nicolás:
Hoxe dedicámolo á creación da guía didáctica. Tivemos que pensar como se podería empregar este xogo nunha aula de Primaria. Fixemos os obxectivos (lingüísticos, culturais e tecnolóxicos), os contidos (como o uso do galego, a historia medieval de Galicia, o Camiño…), a metodoloxía (aprendizaxe baseada no xogo e na creación) e tamén como se podería avaliar. Custou, pero axudounos a ver todo o que hai detrás dunha boa actividade educativa.
16 abril, 2025
A idea inicial
Ola, somos Hugo, Álvaro e Nicolás:
Hoxe comezamos a pensar o noso proxecto. A proposta era crear unha historia en Scratch ambientada na Galicia medieval. Queriamos que fose algo que mesturase fantasía, historia e lingua galega. Así xurdiu a idea do protagonista que busca tres pergamiños e o Códice Calixtino. Decidimos que a historia estaría chea de pistas, trasnos, duendes e referencias ao Camiño de Santiago. Foi un día de moita imaxinación e planificación!
Comezamos a escribir o guión da historia. Fixemos unha estrutura clara: presentación do protagonista, misión (buscar os tres pergamiños), probas que superar (acertixos e preguntas), e final (a cova do duende co Códice Calixtino). Incluímos un acertixo onde a resposta é "O Camiño de Santiago", unha adiviñanza para atopar os pergamiños na cova do trasno, e unha pregunta final que fai o duende para recuperar o códice. A clave era que todo estivese en galego e que mesturase contidos históricos, lingüísticos e culturais.
Fixemos os primeiros escenarios e programamos os primeiros diálogos en Scratch. Creamos o personaxe principal, os monxes, os trasnos e os duendes. Empezamos a poñer as preguntas cun sistema de respostas onde, se acertas, avanzas, e se non, tes que repetilo. Tamén fixemos que os escenarios cambien segundo o progreso. Foi un día entretido, pero tivemos que revisar moito a programación para que funcionase ben.
14 abril, 2025
Actualización do traballo: Material Didáctico
Ola somos Nicolás, Álvaro e Hugo:
Canto tempo! Hoxe imos actualizar aos nosos lectores como imos co traballo. Hoxe comezaremos utilizando a ferramenta de Scracht, xa que a nosa actividade está ligada a este recurso didáctico. Queremos crear un exemplo do traballo que terían que facer os nenos e comezamos facendo a figura dun monxe que nos vai guiar nunha aventura pola Galicia medieval.
Por aquí deixaremos o proxecto para que vaiades vendo como queda a cousa e o resultado final:
Presentación
Ola! Somos Nico, Hugo e Álvaro. Como xa vos dixemos todo o traballo está rematado! Pero pouco a pouco estase achegando o día da ansiada pre...
-
Ola, somos Hugo, Álvaro e Nicolás: Este é o noso blog no que imos poñer os pasos do proceso para realizar o deseño do material didáctico pa...
-
Bos días, somos Hugo, Nicolás e Álvaro: Hai novas. Estes días estivemos pensando no tema que íamos tratar e o logramos, atopamos un tema moi...
-
Ola! Somos Nico, Hugo e Álvaro. Como xa vos dixemos todo o traballo está rematado! Pero pouco a pouco estase achegando o día da ansiada pre...