Ola, somos Hugo, Álvaro e Nicolás:
Hoxe comezamos a pensar o noso proxecto. A proposta era crear unha historia en Scratch ambientada na Galicia medieval. Queriamos que fose algo que mesturase fantasía, historia e lingua galega. Así xurdiu a idea do protagonista que busca tres pergamiños e o Códice Calixtino. Decidimos que a historia estaría chea de pistas, trasnos, duendes e referencias ao Camiño de Santiago. Foi un día de moita imaxinación e planificación!
Comezamos a escribir o guión da historia. Fixemos unha estrutura clara: presentación do protagonista, misión (buscar os tres pergamiños), probas que superar (acertixos e preguntas), e final (a cova do duende co Códice Calixtino). Incluímos un acertixo onde a resposta é "O Camiño de Santiago", unha adiviñanza para atopar os pergamiños na cova do trasno, e unha pregunta final que fai o duende para recuperar o códice. A clave era que todo estivese en galego e que mesturase contidos históricos, lingüísticos e culturais.
Fixemos os primeiros escenarios e programamos os primeiros diálogos en Scratch. Creamos o personaxe principal, os monxes, os trasnos e os duendes. Empezamos a poñer as preguntas cun sistema de respostas onde, se acertas, avanzas, e se non, tes que repetilo. Tamén fixemos que os escenarios cambien segundo o progreso. Foi un día entretido, pero tivemos que revisar moito a programación para que funcionase ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario