Xa rematamos co noso proxecto de Scracht. Dedicámoslle moito tempo para rematar esta historia e é tan longa que non a podemos ensinar, só a podemos explicar durante a presentación. É unha aventura interactiva creada en Scratch, ambientada na Galicia medieval. A través da historia dun protagonista que debe recuperar o Códice Calixtino e resolver enigmas deixados por monxes e trasnos, o alumnado mergúllase na cultura galega, na lingua e nos símbolos máis representativos da nosa historia.
Durante a viaxe, o xogador visita lugares simbólicos como as torres de altamira ou a Cova do Rei Cintolo, aprende palabras e expresións en galego, e explora elementos propios da tradición galega como o códice calixtino, os mosteiros, ou os seres mitolóxicos. O obxectivo é tanto xogar como reflexionar sobre a importancia da nosa lingua e do noso patrimonio cultural.
Ademais xa rematamos a guía didáctica, con todas as pautas do noso traballo. Agora só nos falta rematar a presentación algo no que xa estamos traballando debido a que é dentro dunha semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario