23 abril, 2025

A guía didáctica

Ola, somos Hugo, álvaro e Nicolás:

Hoxe dedicámolo á creación da guía didáctica. Tivemos que pensar como se podería empregar este xogo nunha aula de Primaria. Fixemos os obxectivos (lingüísticos, culturais e tecnolóxicos), os contidos (como o uso do galego, a historia medieval de Galicia, o Camiño…), a metodoloxía (aprendizaxe baseada no xogo e na creación) e tamén como se podería avaliar. Custou, pero axudounos a ver todo o que hai detrás dunha boa actividade educativa.

16 abril, 2025

A idea inicial

 Ola, somos Hugo, Álvaro e Nicolás:

Hoxe comezamos a pensar o noso proxecto. A proposta era crear unha historia en Scratch ambientada na Galicia medieval. Queriamos que fose algo que mesturase fantasía, historia e lingua galega. Así xurdiu a idea do protagonista que busca tres pergamiños e o Códice Calixtino. Decidimos que a historia estaría chea de pistas, trasnos, duendes e referencias ao Camiño de Santiago. Foi un día de moita imaxinación e planificación!

Comezamos a escribir o guión da historia. Fixemos unha estrutura clara: presentación do protagonista, misión (buscar os tres pergamiños), probas que superar (acertixos e preguntas), e final (a cova do duende co Códice Calixtino). Incluímos un acertixo onde a resposta é "O Camiño de Santiago", unha adiviñanza para atopar os pergamiños na cova do trasno, e unha pregunta final que fai o duende para recuperar o códice. A clave era que todo estivese en galego e que mesturase contidos históricos, lingüísticos e culturais.

Fixemos os primeiros escenarios e programamos os primeiros diálogos en Scratch. Creamos o personaxe principal, os monxes, os trasnos e os duendes. Empezamos a poñer as preguntas cun sistema de respostas onde, se acertas, avanzas, e se non, tes que repetilo. Tamén fixemos que os escenarios cambien segundo o progreso. Foi un día entretido, pero tivemos que revisar moito a programación para que funcionase ben.

14 abril, 2025

Actualización do traballo: Material Didáctico

Ola somos Nicolás, Álvaro e Hugo:

Canto tempo! Hoxe imos actualizar aos nosos lectores como imos co traballo. Hoxe comezaremos utilizando a ferramenta de Scracht, xa que a nosa actividade está ligada a este recurso didáctico. Queremos crear un exemplo do traballo que terían que facer os nenos e comezamos facendo a figura dun monxe que nos vai guiar nunha aventura pola Galicia medieval.


Por aquí deixaremos o proxecto para que vaiades vendo como queda a cousa e o resultado final:

01 abril, 2025

Selección do tema e da idade e curso co que imos a traballar

Bos días, somos Hugo, Nicolás e Álvaro:

Hai novas. Estes días estivemos pensando no tema que íamos tratar e o logramos, atopamos un tema moi interesante do que temos de onde tirar. Imos facer o traballo sobre historias en galego ambientadas na Galiza de distintas épocas, o obxectivo é que os nenos aprendan máis sobre a historia de Galicia e do idioma. Para isto imos utilizar a ferramenta de Scracht para que os nenos representen ás súas historias gráficamente. 

Debido a que utilizamos a ferramenta dixital de Scracht imos ter que traballar cos máis maiores, ou sexa, cos de sexto de primaria, xa que é un traballo dividido en 5 sesións no que van ter que desenvolverse e ser creativos canto menos.

Seguiremos informando dentro de pouco. Saúdos internautas.

Presentación

 Ola! Somos Nico, Hugo e Álvaro. Como xa vos dixemos todo o traballo está rematado! Pero pouco a pouco estase achegando o día da ansiada pre...